Terça-feira, Dezembro 13, 2005

Adriana Rubín - Voz e Guitarra


Adriana, fundadora de Norfolk xunto con Alberto, naceu en A Coruña no seo dunha familia profundamente ligada á música, desde moi pequena amosa un talento innato para o canto e composición. Ao longo dos anos e trala maduración da súa prodixiosa voz chega hoxe a deleitarnos coas súas persoais interpretacións dos variados estilos musicais que nos ofrece Norfolk.
Adriana é diplomada en Enfermería pola Universidade Da Coruña e actualmente estudia o quinto curso de Medicina en Santiago de Compostela.

"Hola a todos. Os discos son coma o Nadal, veñen cheos de música, sorrisos e ilusións... E, coma todos vós, esperamos que os excesos non nos pasen facturas...
Só desexo que vos guste e o escoitedes; que disfrutedes de el coma nós disfrutamos da súa elaboración e que compartades con nós os sentimentos e as sensacións que tentamos transmitir
de xeito que cando veña o próximo disco, coma cando volve o Nadal, esteades igual de ilusionados, coma se de nenos na noite de Reis se tratase."

Alberto González - Guitarra, Bouzouki e Voz


Alberto, ou tamén coñecido por “Sebas”, é , xunto a Adriana o fundador de Norfolk.
É no colexio donde encontra o ambente adecuado que lle permite expresar o seu talento na composición e creación musical que hoxe mellor ca nunca nolo transmite.
Diplomado en Maxisterio coa especialidade de Educación Musical pola Universidade de Oviedo. É tamén membro do Grupo Etnográfico das Mariñas de Ferrol, asociación folclórica que se adica ó estudio e representación da etnografía galega.


“Pois so podo decir que de vos depende que nos teñamos ou non éxito, porque o éxito musical so se consegue cunha tradición oral. Cantar de boca en boca que o noso grupo vale a pena.
Sempre quero dedicar este traballo a toda a xente que fixo posible que o noso barco se construíse e saíra a mar aberto y non afundise e tamén a todos aqueles que non se mencionan personalmente e que saben que sen eles non podemos facer nada.”

Marcos García - Flautas, Tin Whistle e Gaita


Virtuoso e recoñecido gaiteiro ferrolán, Marcos é Campión Galego de gaita solista nos anos 1996 e 1998 e campión europeo na modalidade de dueto de gaitas xunto a Daniel López Grandal na cidade francesa de Saint-Chartier, com o cal conseguiu tamén dos segundos lugares en diferentes concursos de cuartetos.
Marcos é membro do Grupo Etnográfico das Mariñas e de numerosas bandas de gaitas de Ferrolterra ( Agarimo, Orballo, Toxos e Froles, entre outras…). Marcos é artesán de gaitas no taller de Antón Varela, en Ferrol.

Daniel - Flautas, Tin Whistle e Gaita





Dani, como é coñecido, cheganos de Pontedeume.
Dende que comezou com a gaita com somente oito anos acumula moitos prémios: campión europeo na modalidade de dueto de gaitas xunto a Marcos García na cidade francesa de Saint-Chartier, un segundo e un terceiro lugares no campionato de solistas de bandas de gaitas
bem como un primeiro e dos segundos lugares en diferentes campionatos de cuartetos, estes dos ultimos xuntamente com Marcos Garcia.

David - Baixo



David vem de Lisboa, Portugal e é o baixista do grupo.
Desde que chegou á Galiza cedo foi que todo o mundo celta, folk e tradicional musical lhe despertaram interesse.
Trouxe com ele influências variadas, desde o jazz ao rock metal bastante visiveís nas suas linhas de baixo.
"Espero que todos os que visitem estas páginas encontrem mais que nada um lugar de intercâmbio de opiniões e informação. Pessoalmente estou bastante contente com a possibilidade de não só gravar um disco com Norfolk, mas também com o facto de que amigos e todos os que queiram possamos interaccionar deste modo.
Aproveito esta oportunidade que me é dada para agradecimentos. Antes de nada á família, que sempre, e sem hesitar em momento algum , me apoia. Sem eles nada do que tenho feito seria posível. Agradecer também aos meus amigos em Santa Cruz, que apesar do tempo e distância, não me esquecem e fazem com que esse tempo e essa distância não passem de ilusões. Dedicar uma plavra especial a Daniel José Cardenes e a Kim Garcia, dois grandes musicos que, cada um á sua maneira me marcaram definitivamente. Agradecer a Norfolk, mais que nada um grupo de amigos onde todos sempre me receberam como mais um. E, como não?, agradecer-te Adri.., por tudo!!"

Jorge - Percussão


Jorge é o elemento máis xove de Norfolk.
Este ferrolán que conta con tan só dezasete anos converteuse no pilar rítmico do grupo.
A súa versatilidade nos diferentes instrumentos de percusión é sen dubida un valor engadido ao xa inherente a Norfolk.
Jorge é tamén membro de varias bandas de gaitas e grupos tradicionais da comarca de Ferrolterra.

"Ola!! Eu son Jorge , teño 17 anos, son de Ferrol, toco a percusión (Tambor,caixón e Bodhram) .
Quero darlle as gracias ó meu mestre Marcos, que dende os oito anos ensinoume a tocar ó tambor e moitas outras cousas que aprovecharei co tempo, Gracias!!! E moitos bicos para miña moza Marta."