terça-feira, dezembro 13, 2005

Adriana Rubín - Voz e Guitarra


Adriana, fundadora de Norfolk xunto con Alberto, naceu en A Coruña no seo dunha familia profundamente ligada á música, desde moi pequena amosa un talento innato para o canto e composición. Ao longo dos anos e trala maduración da súa prodixiosa voz chega hoxe a deleitarnos coas súas persoais interpretacións dos variados estilos musicais que nos ofrece Norfolk.
Adriana é diplomada en Enfermería pola Universidade Da Coruña e actualmente estudia o quinto curso de Medicina en Santiago de Compostela.

"Hola a todos. Os discos son coma o Nadal, veñen cheos de música, sorrisos e ilusións... E, coma todos vós, esperamos que os excesos non nos pasen facturas...
Só desexo que vos guste e o escoitedes; que disfrutedes de el coma nós disfrutamos da súa elaboración e que compartades con nós os sentimentos e as sensacións que tentamos transmitir
de xeito que cando veña o próximo disco, coma cando volve o Nadal, esteades igual de ilusionados, coma se de nenos na noite de Reis se tratase."