terça-feira, dezembro 13, 2005

Alberto González - Guitarra, Bouzouki e Voz


Alberto, ou tamén coñecido por “Sebas”, é , xunto a Adriana o fundador de Norfolk.
É no colexio donde encontra o ambente adecuado que lle permite expresar o seu talento na composición e creación musical que hoxe mellor ca nunca nolo transmite.
Diplomado en Maxisterio coa especialidade de Educación Musical pola Universidade de Oviedo. É tamén membro do Grupo Etnográfico das Mariñas de Ferrol, asociación folclórica que se adica ó estudio e representación da etnografía galega.


“Pois so podo decir que de vos depende que nos teñamos ou non éxito, porque o éxito musical so se consegue cunha tradición oral. Cantar de boca en boca que o noso grupo vale a pena.
Sempre quero dedicar este traballo a toda a xente que fixo posible que o noso barco se construíse e saíra a mar aberto y non afundise e tamén a todos aqueles que non se mencionan personalmente e que saben que sen eles non podemos facer nada.”